Fun profesor de Filosofía en Secundaria durante 18 anos. Por iso soño moito coas aulas, con aquel tempo, con aquel alumnado que agora xa é grande (deixeino hai case 13 anos) pero que, nos meus soños aínda é adolescente.
Botei a noite falándolles de Descartes. O que me apetecía era contarlles os amores coa raíña Cristina de Suecia. Nembargantes, faleilles, toda a noite, do racionalismo, da necesidade de pensar por nós mesmos e de obedecer só á propia razón para evitar ser manipulados.
Xusto o que se necesitaba no XVII. Xusto o que se necesita hoxe. E de que maneira.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.