menu Menu
Rexistro de soños 8
22 de abril de 2020
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Abril 22, 2020 0 Comentarios 1 min lectura
Un poema para a miña filla Anterior DIADA VIRTUAL SANT JORDI Seguinte

O desta noite foi especialmente estraño e axitado. Soñei que o mundo era outro. Todo era montañas, templos, praias que se confundían cos vales. Nin rastro das cidades. Nada. Case que non había xente. Eu paseaba ao bordo dun precipicio. Tiña que ir a unha universidade falar da nova situación Pospandemia. Tardei en chegar polo complexo do camiño. Cando por fin cheguei, distintos oradores ceibaban serios discursos moi analíticos e acaídos. Cando me chamaron decateime de que, mentres que todos ían correctamente vestidos e entre o público, moi serio, se gardaban rigorosas distancias de seguridade que parecían que lle daban ao auditorio un aire pantasmal, eu só levaba uns vaqueiros, unha camiseta negra e a miña chupa de coiro. Saquei de guitarra (fago moito iso nos meus soños) e toquei e cantei “Maneras de vivir”. Espertei sabendo como enfrontarme á Nova Era. Vivindo. Sen medos.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar