menu Menu
RIMBAUD MOLA!
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 9, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
MEDO ME DÁ Anterior LECTURAS DE INVERNO: EN EL CAMINO DE JACK KEROUAC Seguinte


Desde sempre me interesaron as pintadas. E igual é unha impresión miña pero desde hai uns anos teño a sensación de que baixaron moito de nivel.
Recordo hai moitos anos unha mítica que atopei na praia de Samil que dicía: “Se buen ciudadano y colabora con la policía. Date de hostias en casa”. Durante un tempo gardei moitas. Incluso lles fixen algunha que outra foto.
Pero como acontece con moitas paixóns, ou manías, un día deixei de facelo.
Todo este longo proemio a conta da pintada que o outro día vin, cun vulgar rotulador, sobre unha porta dunha librería do Ferrol: Rimbaud mola!
Aínda hai xente con talento.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar