menu Menu
ROSALÍA UNIVERSAL
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 30, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
O XOVES PRESENTACIÓN DE SPAM EN CANGAS Anterior POIS QUE O GOBERNO O PIDA Seguinte


Shozo Nakinishi é un banqueiro xaponés que, segundo propia confesión, namorou de Rosalía hai máis de dez anos. Agora vén de traducila ao xaponés.
Todo poeta aspira a ser universal. E iso conséguese cando outro alguén do futuro, doutras latitudes, é capaz de sentir grazas ao que outros antes, noutros mundos, escribiron.
Dígoo así porque fomos moitos os que medramos escoitando aquilo de que Rosalía era unha especie de chorona oficial da emigración que só podiamos entender os que tiñamos a familia pola Arxentina ou así. Non é certo. Hai unha Rosalía melancólica, si, pero hai outra reivindicativa, e outra polémica, e outra tenra e outra… e todas son a mesma. Por iso é universal. Coma Celso Emilio, poño por caso. Por citar outro grande.
Se un banqueiro ( soa pouco poética esa profesión ) namora, desde Xapón, de Rosalía de Castro, é que a de Padrón era ben universal.
Xa o dixo Tolstoi: fala do teu barrio e falarás do mundo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar