menu Menú
SABER FALAR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 15, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
PORTADA MAXISTRAL Anterior UNHA PREGUNTA DIFÍCIL Siguiente


Leva toda a razón do mundo o profesor Xesús Alonso Montero no Xornal de Galicia de hoxe, cando declara que ningún dos tres candidatos son bos oradores.
E a cousa non é pouco importante. Cando menos para os que pensamos que na política aínda segue a ser importante a argumentación. E esa faise con palabras, con siloxismos, con razoamentos.
E sobre todo, con discurso.
Importa que saiban falar. E que saiban falar ben. É un tópico pero é certo: só quen ten ben organizado lingüisticamente o cerebro pode ter ben organizado racionalmente o mesmo.
Daquela, xa que van debatir ( ou non ), que se esforcen.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar