menu Menú
SALVAR UN LIBRO EN GALEGO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 9, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
POR UN MANIFESTO POLA LIBERDADE NA REDE Anterior Bendita monotonía Siguiente

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/NRSli4Xtaxk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
No blog Educortos hai un agasallo fermoso. Recibino esta mañá e aínda estou, e estarei por moitos días máis, emocionado ata a médula.

Trátase do proxecto Salvar un Libro en Galego, que fan dentro da asignatura de Plástica do IES As Barxas de Moaña cos alumnos e alumnas de Primeiro da ESO. Preto de sesenta nenas e nenos puxéronse de acordo para salvar un libro en galego. Escolleron para desenvolver o proxecto o meu Chamádeme Simbad. Colgárono no blog, via youtube. E eu, como autor do libro, só podo declararme rendidamente entregado a este proxecto que é, para calquera, un presente que entra directamente no corazón. Todos eses nenos e nenas lendo un capítulo do que eu un día soñei que serían historia escrita e que, agora, na súa voz, collen unha dimensión marabillosa.

Grazas. Escribo para que pasen cousas así de lindas.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar