menu Menu
SARAMAGO. A IGREXA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 21, 2010 0 Comentarios 2 min lectura
QUE MOURINHO VEÑA A GALICIA! Anterior ¿MÚSICA OU AVIÓNS DE GUERRA? Seguinte

Saramago venceu a moitos niveis moitas veces. Como escritor, dende logo. Mais, sobre todo, venceu como persoa, pois era admirado, eu diría que dunha maneira unánime, por case que todos. Foi coñecerse a súa morte e, aos poucos segundos, a rede, sobre todo vía facebook, era un fervedoiro de mensaxes emocionadas como había moito tempo que non se vía.

O mellor resumo, quizais é o que fixo a súa viúva, Pilar del Río, na despedida onte en Lisboa: morreu un home bo, unha excelente persoa e un magnífico escritor. Non pode haber mellor epitafio, sobre todo se o pronuncia a muller que te amou.

Ese amor universal por el conseguido, incluso por xente que ideoloxicamente estaba nas antípodas, é, sen dúbida, a derradeira victoria de Saramago, sobre todo porque esa onda de agarimo polo escritor chega o mesmo día que a Igrexa Católica publicaba en L’Observatore Romano unha diatriba terrible contra o portugués, co cadáver aínda quente, como quen di. No texto, sen dúbida moi afastado do amor e da fraternidade que debería de amosar, defínese a Saramago como populista extremista, omnipotente, intelectual de ningunha admisión metafísica e seica o peor, marxista. Chámanlle tamén cizañeiro contra o Evanxeo e outras marabillas polo estilo, verbas que, lidas así, coa dor aínda fresca, revélanse como máis e máis crueis e innecesarias

Dicía Nietzsche que o que nos engrandece, en parte, é o tamaño dos nosos inimigos. Saramago debía de ser ben grande pois, indo do revés de todo o mundo, convencidos de estar na posesión absoluta da verdade aquí na terra como no ceo, a propia Igrexa Católica insulta a súa memoria dun xeito cruel pois está a consideralo, sen dúbida, o seu inimigo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar