Alfaguara vén de publicar en forma de libro as anotacións que Saramago fixo no seu blog. O libro, polo seu interese para incondicionais, aparece publicado ao mesmo tempo nunha chea de linguas… agás en italiano, onde a editorial que ía facelo decidiu non publicala polas duras críticas que o portugués facía ao presidente Berlusconi.
A isto, coido, chámaselle censura.
Tamén podería chamárselle vergonza.
E de pasar, eu que sei, en calquera país árabe estariamos a montar a de San Quintín. Mais disto, practicamente, eu non escoitei nin lin nada en case que ningún sitio.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.