Hoxe a prensa recolle que o escritor supervendas Stephen King vai aparecer na serie Sons of Anarchy, da que nada sei e sobre a que nada sabería de non ser por esa noticia que a vencella cun literato e que chamou a miña atención. Foi convidado a facer un cameo despois de declarar que era un fan seguidor desa serie. Os produtores non o dubidaron.
Sen dúbida, é unha grande idea esa de convidar a un escritor a participar facendo unha esceniña por iso da admiración.
Así que aproveito para dicir aquí, como me consta que este meu blogue é tan seguido pola banda dos produtores de Hollywood, que sinto unha enorme admiración por Scarlett Johannson e daquela, igual se lles pasou pola cabeza a posibilidade de pedirlle a algún escritor de lingua minorizada un cameo con ela.
Máis que nada para que lles conste.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.