menu Menú
SCARLETT JOHANSON, STEPHEN KING E EU
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 9, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
ESTE DÍA DAS LETRAS DEBE SER UN VERDADEIRO DÍA DAS LETRAS Anterior A MIÑA RUTINA Siguiente

Hoxe a prensa recolle que o escritor supervendas Stephen King vai aparecer na serie Sons of Anarchy, da que nada sei e sobre a que nada sabería de non ser por esa noticia que a vencella cun literato e que chamou a miña atención. Foi convidado a facer un cameo despois de declarar que era un fan seguidor desa serie. Os produtores non o dubidaron.

Sen dúbida, é unha grande idea esa de convidar a un escritor a participar facendo unha esceniña por iso da admiración.

Así que aproveito para dicir aquí, como me consta que este meu blogue é tan seguido pola banda dos produtores de Hollywood, que sinto unha enorme admiración por Scarlett Johannson e daquela, igual se lles pasou pola cabeza a posibilidade de pedirlle a algún escritor de lingua minorizada un cameo con ela.

Máis que nada para que lles conste.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar