menu Menú
SE CADRA O SOSIÑO SON EU
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 2, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
A REVOLUCIÓN DOS GLOBOS Anterior NON ESTAMOS NA UVI Siguiente

Hai uns días dicía eu aquí unha cousa, pero igual teño que dicir outra.
Porque hai cousa duns días publicouse unha nova biografía do grande Roald Dahl, xa sabedes, o de Charlie e a fábrica de chocolate. A súa autora, Jennet Connant mantén que traballou para o servizo de espionaxe británico ( ou sexa, coma Bond, James Bond ) nos EEUU, despois de loitar en Oriente Medio. O curioso non é isto, senón que entre as súas misións, seica, estaba a de deitarse ( era unha orde dos seus superiores ) con mulleres influíntes e ricas por ver de, así, conseguir documentos. Supoño que Dahl se entregaría á causa patriótica con paixón, esforzo e dedicación.
Se cadra, o sosiño son eu.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar