menu Menú
SE GAÑO, PÓÑOME EN PELOTAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 16, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
¿FRANCISCO VÁZQUEZ DEFENSOR DE QUE? Anterior NON ESTÁ MAL PARA SER UN LIBRO EN GALEGO Siguiente

Escoito por aí que unha tal Imelda, de Gran Hermano, e un dos Matamoros (non sei distinguilos, a verdade) case que acaban a trompadas despois de discutir sobre quen dos dous tiña máis seguidores no seu blog. Seica a cousa rematou cunha aposta  na que pactaron que, quen teña máis, ou quen teña menos (quen mo dixo non se aclaraba) poríase en pelotas diante de todos na tele. Ou algo así.

A cousa fíxome reflexionar, sobre todo porque estou certo de que teñen moitísimos máis cá  min. E iso que – perdoen a falla de modestia – estou tamén seguro de que o que eu lles conto é moito máis interesante que o que eles poidan largar á blogosfera.

Pero eu, dende logo, non vou ser menos. E se chego a ter demostración empírica de que a min me le máis xente que a Imelda de Gran Hermano e a un dos Matamoros blogueiro, daquela, publico unha foto en pelotas aquí. Unha miña, quero dicir.

Por apostar que non sexa.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar