menu Menú
SE PECHARAN BALAÍDOS...
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 5, 2008 0 Comentarios 2 min lectura
A ( BENDITA ) ILÓXICA DA CREACIÓN Anterior ¿É A MÚSICA SUPERIOR Á LITERATURA? Siguiente

Vigo.
Amo á miña cidade. Quéroa. Con todas as súas contradiccións quéroa.

Recordo cando foi a primeira vez que entrei na enorme Biblioteca da Universidade Popular de Vigo.
O profesor de Lengua Española (estou en sétimo de EXB), e hoxe editor, mandáranos facer un traballo sobre algúns escritores vivos da época. Alguén, non recordo quen, díxome: vai á Biblioteca da Universidade Popular, que alí hai de todo.
E, en efecto, había de todo.
Miles de libros antiquísimos. E moitos andeis, moitos, moitísimos, cheos de volumes aínda máis gordos que remitían, polos seus títulos, a asuntos aínda máis antergos.
Aquela bibioteca causou, e aínda o fai, unha profunda impresión naquel neno que eu era.
Pasei moito por alí. Máis para estudar que para consultar libros. Alí, envolto entre tanto papel, estábase na gloria.
Esta historia que hoxe vos conto ( e non sei por que, pero nos últimos tempos sáenme só aquí historias de tempos idos )vivírona, vivímola, moitísimos vigueses igual ca min.
A Univesidade Popular, onte, comezou o curso ( non era sen tempo, tiña que ter comezado en Outubro ). Pero sen as clases de folc. Gravísimo. Pero, sobre todo, cunha decisión insólita que a min só se me ocorre clasificar como tráxica: a Sala de Lectura permanecerá pechada.
É Vigo, a miña casa, onde se pecha unha Sala de Lectura da Biblioteca máis fermosa da cidade e non pasa nada. Absolutamente nada.
Outra cousa sería que pecharan Balaídos.
Vivimos no País da Traxedia Perpétua.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar