menu Menú
Se quixesen solucionar o de Cataluña...
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 20, 2017 0 Comentarios 1 min lectura
O incrible home-bala Anterior A necesidade de coidar das palabras: golpe de estado, Cataluña nazi, pederastia... Siguiente

Se quixesen solucionar o de Cataluña terían actuado antes, terían sido máis nobles, menos falsos, terían actuado con máis alturas de miras e non con criterios electoralistas pois a ninguén se lle escapa que ao PP sempre lle deu votos repetir iso da sacrosanta unidade de España e non non non ao nacionalismo separatista.

Se quixesen solucionar o de Cataluña terían algo máis tranquilo ao fiscal xeral que, aínda que actúa conforme á lei, en última instancia responde, non sexamos inxenuos, aos ditados políticos do goberno. As actuacións de hoxe, coas detencións de altos cargos semella como un intento de arroxar gasolina sobre un incendio que non é precisamente pequeno.

Se quixesn solucionar o de Cataluña terían que asumir que teñen un problema político. Non un problema legal ou de ataque á Constitución ou nada de todo iso que se esgrime. Teñen un problema político. E, como problema político que é, haino que abordar con criterios políticos, a saber, falando, dialogando, buscando acordos e, sobre todo, pactos. Facer política é pactar. Aínda que teñas a lei, as maiorías absolutas ou incluso a razón da túa parte.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar