menu Menu
SEA CORTÉS: NO HABLE GALLEGO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 17, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
E SEN LABORDETA, QUE IMOS FACER? Anterior ¿PERO SOIS GALLEGOS? Seguinte

A imaxe que aquí vos deixo xa a coñecedes case que todos. Leva rulando por aí un par de anos. E é escandalosa, si, pero non deixa de ser unha inxenuidade cometida por parte de quen a redactou, pois estaba claro que algo así de espantoso, co tempo, remataría saíndo á luz. O realmente grave son todas aquelas situacións nas que, aínda que non figura por escrito, o traballor/a sabe de sobre, intúe, entende sen que ninguén llo diga, que é mellor que fale na hispánica lingua, non vaia ser o demo. O realmente grave é saber que se envías a túa carta solicitando traballo e o teu CV en galego, o máis probable é que non te chamen aínda que teñas unha traxectoria académica marabillosa. Non están escritas, pero son así.

Pola miña banda, vou seguir sendo todo un exemplo de malaeducación e vou seguir falando en galego. Aínda que por escrito me digan outra cousa.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar