menu Menu
SEGREGACIÓN E RACISMO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 19, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
HAI 40 ANOS. A VODA. A CANCIÓN. A NOSTALXIA. Anterior UN PAÍS CEGO E INDIFERENTE Seguinte


Hoxe toda a prensa galega faise eco do aviso que dá Galicia Bilingüe a Feijoo para que “cumpla con su palabra de derogar el decreto del gallego”. Avisan de que “fiscalizarán” ao goberno sobre este asunto.
Vale.
Están no seu dereito.
Despois de todo, é o que lles prometeron e, xa que logo, é normal que esixan que se cumpra a promesa electoral.
Outra cousa é a anormalidade da petición.
Pero non imos ocupar máis tempo niso.
Mais si na segunda parte do que piden: a segregación por aulas en función da escolla lingüística, ou o que é o mesmo, que os que escollan o ensino en galego estean separados dos que o escollen en castelán.
En pleno século XXI, no que se aposta pola integración para conseguir a convivencia, este tipo de planteamentos cheiran, e moito, a racismo. É algo así como:”no quiero que mis hijos estén con los que estudian en gallego”.
O novo presidente verá se quere contribuir ou non a lexitimar ese tipo de actitudes rexeitables.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar