menu Menú
SEGUIMOS PICANDO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 6, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
UNHA TREGUA CON BENEDETTI Anterior SANTIDADE Siguiente


Hai ben de tempo que todos nos decatamos, pero sen embargo, como nos pode a paixón, seguimos picando na mesma manipulación.
Sabemos que non hai conflito lingüístico. Que o crearon artificialmente. Que parece que hai máis do que hai porque determinados medios afíns a eles así o magnifican.
Sen embargo, insisto, entramos no xogo. E perdemos o tempo en argumentar, en contradicir, en ofrecer razóns. Que, por certo, só lemos os que non as precisamos. Os que xa estamos convencidos.
Este náufrago recoñece que tamén caeu, que cae e que de certo que seguirá caendo, no mesmo erro.
E, despois de todo, como só falamos diso, perdémonos outros asuntos importantes ( crise, paro, naval, educación… ).
E eles saben que mentres sigamos falando só da lingua ( que hai que facelo, ollo, non se me malinterprete ) imos pasar doutros aspectos da política.
Saben que nos pode a paixón.
Por iso deixo aquí ligazón a este artigo de María M. Val, a quen non coñezo. Pero gocei da perspectiva que ofrece a súa reflexión.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar