Lembro, do tempo do instituto, unha conferencia un día organizada por algún movemento ecoloxista, que me impactara especialmente e da que recordo só unha frase na que o barbudo conferenciante nos comentaba que así como a lexislación dos EUA prohibía que os barcos petroleiros entraran nas súas augas ata pasar unha inspección para garantir que non botaban nas súas costas os residuos, que no caso galego a práctica de deixarnos aquí toda a merda (con perdón, pero a palabra é do conferenciante) era a habitual.
Pasaron unha morea de anos, e volvo ler outra vez o mesmo: que no que vai de ano houbo, que se saiba, rexistrados 44 episodios de contaminación, causados todos por petroleiros que, ao pasar polas nosas costas, aproveitan para baleirar os depósitos e verter todo o estrume industrial que lles molesta.
Daquela, pasaron os anos, caeunos o pelo, pero seguimos sendo igual de parvos.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.