menu Menú
¿SEICA NUNCA IMOS ABRIR O DEBATE?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 23, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
EU SON O PADRIÑO ( VELAQUÍ AS MIÑAS AFILLADAS ) Anterior MILLÓNS DE DRAGÓNS Siguiente

Xa sei que todos os anos estou, coma un prosma cíclico, coa mesma teima. Que hai que darlle unha volta ao Día das Letras Galegas. Que tal e como a temos non nos leva a nada. Que a xente pasa de todo e marcha á praia. Que non é dabondo só con poñer as portadas dos xornais ese día en galego.
Eu aviso con tempo. E redundo: porque aínda estamos a tempo.
Pois o día do libro pasou, e un ano máis, ollamos para Cataluña con envexa da sue festa de libros grandiosa na que participa, e con orgullo, toda a súa sociedade.
Pregunto, e quen teña azos que conteste: ¿cando se vai, de verdade, asumir a reforma efectiva do DLG? ¿Ou hai que resignarse a que nunca imos abrir ese debate? Igual é iso.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar