menu Menu
SERÁN DE COCHE, MELANCOLÍA E MÚSICA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Decembro 2, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
CAFÉ. PALABRAS Anterior CANDO NON SE ATURA A REALIDADE, VIVA A FICCIÓN Seguinte


Botei o serán de onte, por asuntos de traballo, no coche. Crucei a provincia de Lugo envolvido na neve e, como fago sempre, escoitando a radio, viaxando de vagar. Cantando.
Crucei a provincia de Lugo envolvido na voz de Joan Baptista Humet. Entre as folerpas da neve atopei a súa voz e a nova de que viña de morrer.
E entre as folerpas da súa voz, cruzando en coche a provincia de Lugo envolvido na neve, aparecín eu, adolescente, cando quería ser músico ( aínda quero ser músico ) e atendía a aquelas letras que, aínda hoxe, me din tanto. Parei o coche para deixarme subir. Mireime boa cara. El/eu díxome: non cambiaches tanto.
Botei o serán de onte no coche, debullando as folerpas da neve mentres cruzaba a provincia de Lugo. Na parte do copiloto ía Joan Baptista Humet e, detrás, eu case que adolescente con Los Secretos. A radio dixo, ou non sei se soñei que dixo, que a banda cumpría 30 anos. Ollei polo retrovisor e si, había neve. Pero tamén estaban eles, toda a banda.
E eu, con doce anos, cantando que sobre un vidrio mojado escribí tu nombre.
Sin darme cuenta.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar