menu Menú
¿SERÍAN CAPACES DE FACER ISTO HOXE OS ALUMN@S DE SECUNDARIA?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 10, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
¿POR QUE NOS GUSTA O PRINCIPIÑO? Anterior A LINGUA SERVE PARA DICIR QUÉROTE Siguiente

Veño de rematar a lectura dun libro ( o mes que vén comezo de novo cos meus Talleres Literarios, e estou quentando motores ) dunha escritora chamada Francine Prose e titulado Cómo lee un buen escritor. Técnicas de lectura de los grandes maestros ( Ares y Mares ). É un texto que, como ben indica o subtítulo, pretende dar claves de lectura de grandes obras da historia da literatura.
O que me interesa é compartir con vós un texto do comezo, cando fala do seu paso polo ensino secundario e dos traballos que lle mandaban facer.
Copio: Cuando era una joven estudiante de secundaria, nuestro profesor de lengua inglesa nos propuso un trabajo sobre la ceguera en Edipo Rey y El Rey Lear. Nuestra tarea era bucear en las dos grandes tragedias, detectar cada referencia que hubiera a la visión, los ojos, la luz y la oscuridad, y, después, esbozar algunas conclusiones sobre las que redactar nuestro trabajo final.
Agora, a pregunta simpática ( e así debatemos sobre o nivel no ensino ): ¿sería capaz un estudante de secundaria en España de facer este tipo de traballo?


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar