menu Menu
SHERLOCK E HOUSE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Agosto 14, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
DESPOIS DE MEIRÁS, PAMBRE Anterior CINE, TELEVISIÓN, VIDEOCONSOLAS. LITERATURA Seguinte


Hai un tempo comentei aquí unha nova curiosa relacionada con Sherlock Holmes.
Daquela non contei que o personaxe creado por Conan Doyle é o que máis veces se adaptou ao cine.
Dalgunha maneira, é lóxico, porque para os que gustan ( e son milleiros ) da trama detectivesca no cinema ou na literatura, Sherlock Holmes é o paradigma.
E o asunto non deixa de ser curioso porque, cando lemos algunha novela de detectives, ou negra ( aínda que non son o mesmo ) sabemos, de sobra, que o protagonista vai descubrir ao culpable, que o mal vai perder, que aquel de quen sospeitabamos non era, e que, ao final, o Sherlock que sexa ( todos son Sherlock aínda que se chamen doutra maneira ) terminará decatándose de algo no que o resto non repararan. E que aí está a clave.
Se vos decatades, non hai diferencia entre iso e a estrutura dun capítulo de House.
Por iso enganchan.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar