menu Menu
SÓ FALAN DE CRISPACIÓN OS CRISPADOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xullo 30, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
LINGUA PROLETARIA DO MEU POBO Anterior TODOS OS MÉRCORES DE VERÁN EN ONDA CERO Seguinte

crispacion

Eu recordo o día no que chegaron os restos de Castelao porque era cando tiña que facer a  Selectividade. Así que os meus 17 anos están unidos a esa data que, co paso do tempo, foi cobrando para min máis e máis significado. Obviamente, non o vexo igual agora que daquela.

Mais o que quero contar aquí é que hai 25 anos eu abandoaba un instituto (o da Guía, en Teis, en Vigo: ver Xeración Perdida), onde con moita timidez, pero tamén con moita decisión, cando o galego aínda non había que estudalo, os profesores e as profesoras comezaban a dar as clases na nosa lingua.

Repito por se alguén se me perdeu: non era obrigatorio, probablemente nin era legal, pero dábanse moitas clases en galego. O instituto organizaba actos arredor do galego. O Día das Letras Galegas (daquela non festivo) celebrábase co entusiasmo colectivo de todos e a máis grande das normalidades.

25 anos despois hai quen se empeña en repetir que o galego é motivo de crispación, que é un problema no ensino. Que non me fastidien: se daquela, que non tiñamos por que, recibiámolo e con naturalidade e nin unha soa protesta por parte de ninguén (víase como normal a pesar do anormal que era), ¿como é posible que agora, que o ampara a lei, que o racionaliza no 50 por cento (eu tiven anos no instituto de practicamente todo en galego, insisto, sen protestas de ninguén) se fale de crispación?

Resposta: só falan de crispación os crispados.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar