menu Menu
SOBRE A IMPORTANCIA DA LITERATURA XUVENIL
A mocidade deserta da lectura aos 14 anos, idade crucial, precisamente, para afeccionarse para sempre
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Febreiro 1, 2019 0 Comentarios 2 min lectura
Conversa con Lluís Bassets sobre FASCISMOS DIXITAIS Anterior BOAS (E SORPRENDENTES) E MALAS NOVAS PARA O LIBRO DIXITAL Seguinte

O Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros 2018 que estes días estou analizando aquí, dedica sempre un apartado importante á mocidade e as súas rutinas lectoras. Máis ou menos vén contando o que xa sabemos: que as nenas e os nenos len dunha maneira xeralizada pero que, a partires dos 14 anos, o hábito lector comeza a decaer. E non só iso, senón que deixan de ter a biblioteca como un lugar de referencia. O dato complétase noutro momento do informe no que se explica que as lectoras e lectores consultados recoñecen que a súa afección á lectura principiou arredor dos 15 anos, é dicir, cando xa poden tomar decisións de seu, lonxe da influenza escolar. Aí a lectura incorpórase para sempre á vida ou non.

Estes datos fanme traer aquí unha reflexión que os que me seguides sabedes que levo facendo dende sempre, que é reivindicar a chamada Literatura Xuvenil. Como dicimos, os datos indican que é arredor dos 15 anos onde as e os que se fan lectoras e lectores se fan para sempre. Por iso é tan importante o papel que xogan as creadoras e creadores deste tipo de literatura á hora de facer lectorado. Escribir literatura xuvenil non é algo doado. Nin a infantil. Hai todo un prexuízo estendido entre incluso as e os escritores “adultos” na liña de quitarlle importanza a estes libros, como se, en primeiro lugar, os puidesen escribir calquera. Polo menos para min, é moito máis complexo de facer un texto para estes chanzos de idade que para, digamos, un público adulto.

Cómpre pois que dende as editoriais, as bibliotecas e o ensino, se apoie a literatura que chamamos xuvenil. Hai autoras e autores (Ledicia Costas, Antía Yáñez, María Solar, Andrea Maceiras… por só citar algúns dos nomes que máis brillan nos últimos tempos) que están facendo máis pola lectura entre a mocidade que a Consellería de Cultura con mil campañas (se as fixesen, que tampouco).

Así que, como digo sempre, un respecto para a literatura xuvenil.

lectura literatura xuvenil


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar