menu Menu
Logo Francisco Castro

Benvida. Benvido. Son Francisco Castro. Escritor. Vivo nos libros. E nas palabras. Entra e dá un paseo.



Páxina anterior Páxina seguinte
Francisco Castro, escritor e editor

Vigo (1966). Escritor e director xeral de Editorial Galaxia dende decembro de 2016. Foi un dos primeiros autores galegos en comprender a importancia das redes sociais e as bitácoras como medio de comunicación e de contacto coas lectoras e lectores dos seus libros, montando as súas propias redes de traballo neste eido. Ten impartido tamén moreas de cursos de formación para profesorado relacionados con Animación á Lectura.

Antes de incorporarse á editorial no ano 2008, exerceu como profesor de Filosofía durante 18 anos en Secundaria, compaxinando este labor coa xestión cultural a distintos niveis, tanto na organización de Ciclos de Conferencias para distintas entidades públicas e privadas (a actual AFundación, os Diálogos Literarios de Mariñán en 2006), como na Programación Cultural da Casa do Libro de Vigo dende a súa apertura.

Tamén, dende o ano 2003 imparte Obradoiros Literarios para todos os chanzos de idade e por todo o país. Asiduo dos medios de comunicación, como articulista, ininterrumpidamente dende os seus tempos de estudante en Compostela, ata a actualidade onde participa como tertuliano na Televisión de Galicia. Foi Presidente de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) entre 2010 e 2014 e membro da directiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega dende 2008 a 2010).

Como escritor leva publicadas 21 obras, moitas delas premiadas e traducidas a moitas linguas. Por non citar todas, podemos destacar, entre outros Play-Back (Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 1997), os libros de relatos A canción do náufrago (2001), Xeografías (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001) e a novela histórica Memorial do infortunio (2003), traducida ao castelán, Xeración perdida (2004, tamén en castelán), premio “Cartafol de Vieiros ao mellor libro do ano” e os libros para mozos Un bosque cheo de faias (2004) e O ceo dos afogados (2007), distinguidos ambos os dous co premio Frei Martín Sarmiento que conceden escolares de toda Galicia.

No ano 1999 foi Premio de Xornalismo "Manuel Reimóndez Portela", no 2002 obtivo "O Facho" de poesía pola obra Matar a Walt Whitman moitas veces, en 2005 o Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellá, polo relato "Venres Desesperado (look casual friday)" e o Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves polo traballo "Ningún fascista morreu inxustamente".

Premio Blanco Amor de Novela (2005) pola novela Spam (traducida ao italiano e ao castelán), Premio de Novela Manuel García Barros 2007 por As palabras da néboa. Para pequechos destaca Chamádeme Simbad (2009) que entrou na Lista de Honra do IBBY 2012 e recibiu o premio como Mellor Libro Infantil na web ‘Fervenzas Literarias’ outorgado polos lectores/as (traducida ao castelán, catalán e portugués de Brasil) así como o Frei Martín Sarmiento de 2011. Este libro leva vendidos preto de 20.000 exemplares. Para un público máis xuvenil, O segredo de Marco Polo (2010), traducida tamén ao catalán.

No ano 2011 publica unha nova novela para adultos titulada In Vino Veritas, e en 2012, asina, con Fina Casalderrey, o libro de relatos O neno can (seleccionado na Lista do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais de Oslo, premio Frei Martín Sarmiento 2014), tamén traducida ao castelán e ao catalán e incluido na Lista de Honra CLIJ 2014En 2013, a súa novela O corazón da Branca de Neve gañou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia (traducido ao catalán en 2015). Recentemente publicou, en 2014, a novela xuvenil Tes ata as 10, traducida ao castelán en Suma de Letras no 2016 (premio Frei Martín Sarmiento 2016 como Mellor Libro de Adultos), ano no que publica Amor é unha palabra coma outra calquera e Barricadas de sal. En 2018 publicou a novela xuvenil Iridium.

, que entrou na Lista Ibby de Oslo como un dos mellores libros do mundo no tratamento da discapacidade. En 2020 publica a novela, traducida ao castelán, catalán e éuscaro, Tantos anos de silencio.
Dende 2018 é membro da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.


Páxina anterior Páxina seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar