menu Menu
SOMOS SUMERIOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 27, 2007 0 Comentarios 2 min lectura
¿LES TANTO COMA UN NEN@ DE PRIMARIA? Anterior ANNA FRANK. 60. Seguinte


Eu son sumerio.
Ti que me les es sumerio.
Ela, quizais, a da foto do coche, é sumeria.

Leo nunha revista algo que, non por sabido, deixa de abraiarme: hai seis mil anos os sumerios inventaron a escritura, puxeron pensamentos por escrito, rexistraron himnos, gravaron as súas lendas. Hai seis mil anos un pobo decidiu agasallarnos cun dos presentes máis fermosos que maxinarnos poidamos: a verba escrita.
Agora eu utilizo, sumerio, a súa invención. E vós, sumeri@s, tamén.

Eu son sumerio.
E ti que me les.
E quizais ela, dentro do coche, se o que está a facer é ler.

Son sumerio cando decido desaparecer do mundo lendo a Conrad. Cando decido sentar, abrir o ordenador e escribir un poema. E ti tamén o es cando opinas sobre o que eu escribo. Sono eu cando contesto. Os dous empregamos o seu invento xenial.
Sumerios.
Case que nada deixou aquel imperio entre nós. Algunha imaxe. Tres ou catro cascos militares.
Sen embargo, o seu xenio, a través da escrita, segue entre nós. E seguirá. Quizais non en papel. Quizais só na pantalla.
Mais seguirá.
Seguirei lendo e escribindo. Coma ti e coma el e coma ela e coma os que virán. En calquera parte. Incluso dentro do coche. Quizais é o que está a facer, sumeria, a muller da foto.
( E remato cunha conclusión tristeira: o espazo xeográfico da antiga Sumeria, é dicir, alí onde a escritura naceu, é dicir, onde a civilización naceu – Grecia non se tería dado sen os sumerios; ti e eu tampouco – é, a día de hoxe, o escenario da barbarie, da guerra e da ausencia de civilización. Un horror imposible de poñer en palabras ).


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar