menu Menú
¿SON AS TOURADAS UNHA 'BELA ARTE'? (AS CORRIDAS QUE ME IMPORTAN SON OUTRAS)
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 2, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
¿COMO É POSIBLE MANIPULAR TANTO? Anterior DIGNIFICAR AO PROFESORADO Siguiente

Andan estes días os xornais, polo asunto da collida, falando do José Tomás, xa saben, un señor que gaña a vida meténdolle espadas polo lombo para dentro a uns bichiños inocentes que nada lle fixeron. Andan os xornais falando do nacho este, incluso os xornais galegos, esquecendo que en Galicia non hai moita tradición de touradas. Pero en fin.

Ao que vou: leo falar marabillas do tal José Tomás. Que é un tipo listo e blablablá. Mais o que me interesa non é iso, senón que seica devolveu  a Medalla de Ouro de Belas Artes como protesta porque tamén lla deran a outro toureiro que, seica, non lle gusta ao tipo listo e blablablá.

O que me leva a alucinar é saber que o Ministerio de Cultura, ou quen demos sexa que dá a tal medalliña, ten entre as ‘Belas Artes’ ás touradas. Iso é o que  me alucina. Non que o colla un touro, que a min, as corridas que me importan, son outras.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar