Levamos días falando moito do feito de que no novo barómetro sobre os hábitos de lectura, Galicia ocupa o segundo posto pero por abaixo. Curiosamente, os xornais dedicáronse a subliñar que xa non somos os últimos. ¡Viva, viva!, ¡hai quen le menos cá nós!. Pero é unha pésima noticia.
Como ver o asunto explicouno de marabilla Manuel Bragado no seu artigo do domingo no Faro de Vigo.
Sen embargo, apetéceme agora poñer o acento onde, para min, está a clave de todo o problema: a casa.
Xa podemos consultar todos os expertos no tema da promoción da lectura que queiramos, xa podemos organizar os contacontos que queiramos, xa podemos gastar os cartiños nas campañas que queiramos, xa podemos, incluso, montar as bibliotecas que queiramos ( ollo, que nunca son dabondo ) que, ao final, todo isto non servirá de nada se non convencemos, aos pais e as nais, de que teñen que encargarse eles, dando exemplo, eles, preocupándose de se len ou non, eles, lendo cos seus cativos, eles, levándoos ás librerías e ás bibliotecas, etc, etc. Eles e desde a casa.
Se esa parte non funciona, o resto, é un gasto inútil de enerxía.
( Agora, quedaría o debate abertísimo para preguntarnos se o sistema – estúpido – de vida que levamos, permite que os pais e as nais poidan pasar tempo cos seus fillos; abertísimo a preguntarnos se, no caso de ter ese tempo, ademais queren preocuparse de fomentar a lectura )
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.