menu Menú
SUSO JARES, GUIEIRO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 28, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
O RETROCESO DO GALEGO NOS XORNAIS Anterior ALGUNHAS CONCLUSIÓNS Siguiente

Hai unhas horas despedimos en Vigo, nun emocioante acto cívico, a Suso Jares.
Neste instante só acerto a dicir que si que é certo que hai persoas que son guieiro, que son modelo, que son camiño.
Suso Jares foi un ser así.
Oxalá todos os mestres e mestras sentiran a diario a paixón que el tiña pola educación, o convencemento de que o mundo si que é mellorable a través da escola, a seguridade de que as utopías poden deixar de selo a base de traballo, ilusión e constancia. Que a revolución empeza nunha horta feita por cativos de EXB ou nunha biblioteca escolar, por cativa que sexa. Que aí si que está o camiño para facer un mundo mellor.
E oxalá todos fosemos quen de ter o seu exemplo sempre presente, para así, dar nós, tamén, o mellor do que levamos dentro en todo momento.
Non esqueceremos nunca a Suso Jares. E por iso sempre vivirá entre nós.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar