menu Menu
SUSPENSE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xullo 5, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
LINGUA COMÚN Anterior CHURCHILL NUNCA EXISTIU. ELEMENTAL Seguinte


Leo que por fin vai saír a novela inacabada de Joseph Conrad. Leva por título Suspense e era na que andaba mergullado cando morreu, no ano 1924. Sae na editorial Funambulista.
É unha boa nova.
Lembro o pracer intenso que sentín cando lin O corazón das tebras, para moitos, unha das mellores obras literarias de todos os tempos. Para moitos. Para min, non. Aínda que é das grandes. Sobre todo polo personaxe de Kurtz, un dos máis enigmáticos e suxestivos, agora si, de toda a historia da literatura.
Mais non é a miña favorita.
Nin sequera Lord Jim, a pesar do moito que me entusiasmou naquel tempo en que a lin, saíndo da infancia para entrar na adolescencia.
O Conrad que de verdade me gusta é o dos relatos longos, case que novelas, ao xeito de Entre terra e mar. En poucas ocasións se me contou tan ben a esencia da vida mariñeira de noutrora.
Agora, diante desta nova publicación, manteño o suspense.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar