© Francisco Castro 2023
20 ANOS SEN GEORGE HARRISON Hoxe hai 20 anos que morreu George Harrison. Sobre el escribo hoxe en La Voz de Galicia. Un xigante!
Tal día coma hoxe, pero de 1971, celebrábase o primeiro dos dous días do chamado “Concert for Bangladesh”, organizado por George Harrison e Ravi Shankar. Era a primeira vez que se celebraba un acontecemento desas características con fins benéficos. Por vez primeira (logo pasou un lote de veces) algunhas das grandes estrelas do rock se […]
Mañá cúmprense 60 anos do primeiro concerto de The Beatles en The Cavern de Liverpool. Eu tiña que escribir sobre isto nas páxinas de Cultura de La Voz de Galicia. Espero que vos guste. Queda aquí.
Aquel 9 de decembro de 1980 chegounos a noticia. Eu tiña 14 anos e foi o meu amigo Fito quen me deu a nova: mataron a John Lennon, seica un tolo lle disparou e está morto. Lémbrome deitado na cama chorando, a escuras, cos ollos pechados e tentando asimilar a noticia. Lembro que meu […]
Hai 47 anos, tal día coma hoxe pero en 1971, recén separados os Beatles, George Harrison organizaba o primeiro macroconcerto solidario para unha boa causa. Durante dous días, artistas de primeiro nivel coma Bob Dylan, Eric Clapton, Ravi Shankar, Ringo Starr e por suposto el mesmo (John e Paul non se atreveron, andaban de bronca […]
Páxina anterior Páxina seguinte
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.