© Francisco Castro 2018
O venres 11 de xaneiro, ás 20:00h, terá lugar no Ateneo Santa Cecilia de Marín a presentación de Iridium de Francisco Castro. Acompañará ao autor Lois González Dopazo, presidente do Ateneo.
Un escritor debe contar sempre a verdade aínda que conte mentiras. Se está ben contado, é verdadeiro. Sexa un relato de corte realista ou sexa unha historia sobre unha nena que adormece e ve unha lebre vestida cun chaleque do que pendura un reloxo e se mete por un burato ou sexa sobre un pobre […]
Iridium, de Francisco Castro, conta unha desas historias que se revelan imprescindíbeis para calquera literatura. Ata que Manuel Esteban deu á luz A ira dos mansos ninguén na literatura galega se ocupara daqueles seres que conviven con nós mais que padecen algunha característica que os fai diferentes. Manuel Esteban fixouse na Síndrome de Down, e agora Francisco […]
A crítica literaria Romina Bal deixa no seu blogue, a súa lectura positiva de Iridium.
Crítica de Ramón Nicolás no Suplemento FUGAS de La Voz de Galicia sobre o libro IRIDIUM
Entrevista no Atlántico Diario co gallo da presentación en Vigo de IRIDIUM. Aquí.
Este mes revelouse o contido do proxecto no que traballamos o escritor Francisco Castro, FEGADACE e Alento: a publicación de Iridium pola Editorial Galaxia. A novela, que saíu do prelo o 3 de setembro, forma parte da colección Costa Oeste, e pódese atopar xa nas librarías. Trátase dunha novela xuvenil que aborda temas como a discapacidade, a igualdade ou […]
IRIDIUM, a miña nova novela comeza a súa andaina nos medios de comunicación. Hoxe, o Faro de Vigo explica moi ben que quixen contar nesta historia que estes días chega ás librerías. Autor ilusionado. Podes lela aquí. (Foto de Judit Cendón)
Velaquí a cuberta da miña nova novela, IRIDIUM, que sairá do prelo semana que vén. Así que, nuns días, falaremos máis polo miúdo sobre ela. De momento, aquí a súa cara. A que pinta linda? É obra da responsable de Deseño da Editorial Galaxia, Hayat Hussein.
Páxina anterior Páxina seguinte
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.