© Francisco Castro 2023
No blog Lecturafilia ocúpanse do meu libro Isto SI é un home. Aquí.
Luns que vén espérovos na Libraría de El Corte Inglés. Lerei fragmentos da miña nova obra “Isto SI é un home”. Canda min, nomes moi queridos coma Pati Blanco , Marcos Calveiro , Inma López Silva ou Antonio García Teijeiro entre outros. Vémonos!
Velaquí queda esta peza na que falo con calma do meu novo libro “Isto SI é un home”. Falamos de como debemos ser os homes hoxe, pero tamén da auxe da ultradereita e da decencia. Coido que, se o vedes, ademais de saber de que vai esta obra, ides coñecerme un chisco mellor.
A xornalista María Jesús Argibay Iglesias escribiu unha interesante reflexión a partir do meu novo libro. Podedes lela aquí.
Pilar Ponte, A Profa, escribiu así de bonito nas páxinas do Faro da Cultura sobre o meu Isto SI é un home.
isto Francisco Castro, escritor e director xeral de Editorial Galaxia, adéntrase no pensamento feminista co seu primeiro ensaio ‘Isto SI é un Home’. Explotando a súa faceta como filósofo, o autor ábrese aos seus lectores relatando as vivencias máis duras e importantes da súa vida, mostrándonos o feminismo desde os ollos dun home. Un libro […]
O escritor e crítico literario Manrique Fernández fala, e moi ben, de Isto SI é un home. Queda aquí.
Así titula o critico literario e escritor Vicente Araguas un seu traballo arredor do meu novo libro “Isto SI é un home”. Sinala, con acerto, que é un libro polémico e que dispara. Exacto. Iso mesmo quere ser. Porque diante dalgunhas cousas andamos moi calados, non si?
Velaquí queda a lectura do crítico Armando Requeixo arredor do meu novo libro “Isto SI é un home”. Agradecido.
Entrevista hoxe de Jacobo Buceta en Radio Vigo arredor do meu libro “Isto SI é un home”. Espero que vos guste. Queda aquí.
Velaquí queda a entrevista que me fixeron Rafa Valero e Guada Guerra para Cíes Podcast arredor do meu libro “Isto SI é un home”. Espero que vos guste.
ntrevista en Nós Diario o 5/03/2022. Aquí.
O prolífico escritor vigués vén de publicar o seu primeiro ensaio,” Isto SI é un home “, unha chamada á loita contra a reacción patriarcal e o seu brazo político: a ultradereita”. Queda aquí.
Páxina anterior Páxina seguinte
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.