© Francisco Castro 2023
Non se pode derrogar a memoria
No meu artigo de hoxe pregúntolle a Feijóo, que quere derrogar a Lei de Memoria Democrática, en que beneficia iso a España, por que pensa que é mellor deixar á xente nas cunetas en troques de darlle os restos as familias. Non o entendo. A non ser que se sexa, no fondo, unha asunción do […]
Cómplices necesarios
Para que a ultradereita medre como o está a facer non só é necesario que existan partidos fascistas. Necesítase, tamén, que millóns de fascistas os apoien. España, ao parecer, está cheo de, cando menos, millóns de franquistas. O meu novo artigo en La Voz de Galicia.
Videoselfis racistas
Fíxose viral un vídeoselfi dun candidato italiano que se grava cunha muller xitana de fondo (seguramente tan italiana coma el) pedindo o voto para o seu partido ultra para eliminar aos xitanos. Todo indica que van sacar un excelente resultado electoral. Sobre iso, e as conexións ultras españolas, e sobre todo o que vai vir […]
As poucas luces
Temos a política en mans de xente moi limitada pero que manexa moi ben a mensaxe simple, o prexuízo e a irracionalidade. Trump, Bolsonaro, Ayuso, a xente de VOX. Populistas pero dos malos. O meu novo artigo en La Voz de Galicia.
Vox non mente
Se VOX algún día goberna, cousa que semella que vai pasar en coalición co PP, ten que estar claro o que nos espera. Sobre isto reflexiono hoxe en La Voz de Galicia.
As tres horas da dixestión
“Sen embargo, os meus pais morreron e, de resucitar, verían hoxe a señoras coma Olona berreando dende un estrado definíndose como «muller antifeminista» sen despeitearse, e bandeiras por aí coa aguia e o xugo e as frechas. Pensarían que o tempo non pasou. Que o mundo non cambiou”. O meu artigo de hoxe en La […]
Neutralidade infernal
Hai que deixar de ser neutrais fronte o fascismo que nos ataca. Hai que deixar de ser equidistante. Hai que tomar partido e resistir. O meu novo artigo en La Voz de Galicia.
Os mena e a túa avoa
Vox encheu as rúas de Madrid e as redes sociais cun cartel infame. Sobre iso escribo hoxe en La Voz de Galicia.
A mesma pedra
Velaquí queda o meu artigo no que comparo as técnicas de propagación de mentiras da GESTAPO e as SS contra dos xudeus, coas que fai VOX agora a través das redes sociais para criminalizar inmigrantes e estranxeiros en xeral.
O español, perseguidísimo
Unha das trolas máis insoportables que temos que soportar en Galicia é que o español está perseguido porque obrigamos a falar en galego. É tan brutal, que doe. E sobre iso escribín hoxe en La Voz de Galicia.
Berros no Parlamento
Velaquí o meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia. Reflexiono sobre esa especie de plató de programa malo no que se converteu o Parlamento español nos últimos tempos, con berros, insultos, apupos e toda clase de comportamentos moi pouco democráticos. Con VOX á cabeza, é un lugar onde nada se debate e todo […]
Francisco Castro: “O franquismo é como o aire, está aí pero non se nota”
Estupenda entrevista de Tamara Nvoa para A MOVIDA. Coma sempre, TANTOS ANOS DE SILENCIO é o pretexto para falar de moitas cousas. Por exemplo, do franquismo, que continúa. Ou de Vox, que nos avergoña democraticamente falando. Ou do galego. A entrevista é moi intensa e podes lela aquí.
A pandemia das "fake"
Velaquí o meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia. Sabías que España é o lugar de Europa onde máis circulan as noticias falsas? E que é o sexto estado do mundo onde máis proliferan? E por que sucede? Somos máis parvos ou aquí hai máis xente interesada en enganarnos, confundirnos e en definitiva, […]
ORTEGA RAMBO SMITH
O meu artigo en La Voz de Galicia de hoxe. Dedicado ao secretario xeral de Vox. A quen tanto gustan as armas…e disparar. Aquí.
Un veto parental para tapar boques
Eu si que quero un veto parental pero para calar de vez a Vox…
Non ao pin parental
Velaquí o meu artigo en La Voz de Galicia contra o Pin Parental que os de Vox nos queren impoñer a todas e a todos. Radicalmente en contra!
Mirame aos ollos
Velaquí deixo o meu artigo en La Voz de Galicia dedicado a Ortega Smith, moi valente el cando fala de Franco ou contra a violencia de xénero, pero incapaz de mirar aos ollos a unha muller que lle dá unha lección de dignidade.
Páxina anterior Páxina seguinte
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.