menu Menú
TAL DÍA COMA HOXE HAI 50 ANOS (A importancia de non tirar a toalla)
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 1, 2012 0 Comentarios 1 min lectura
'CHAMÁDEME SIMBAD' SAIRÁ EN BRASILEIRO Anterior OS GALEG@S SOMOS OS MÁIS LISTOS Siguiente


 

Tal día coma hoxe, o 1 de xaneiro de 1962, uns descoñecidos Beatles entraban nos estudos da DECCA, en Londres, para facer unha proba. A música que vos deixo aí é esa gravación. Ás poucas semanas recibiron unha carta na que os rexeitaban e, aínda máis, dicíanlles (iso si que é ser visionarios), que era mellor que o deixaran «porque os grupos de guitarras eléctricas non teñen futuro».

Está claro que os directivos que non quixeron saber nada deles pasan á historia por cegatos (aínda que un par de anos despois, George Harrison lles recomendou a un grupete de amigos, Rolling Stones de nome, e non dubidaron en os contratar…). Mais o que me importa hoxe, neste primeiro día do ano, ademais de lembrar o medio século dun día histórico, é aprender a lección, válida para todos, de que nunca hai que tirar a toalla. Se ese día, aqueles mozotes cheos de dúbidas, realmente tivesen crido que non valían para nada, a historia, así en xeral, tería sido outra.

Hoxe, primeiro de xaneiro de 2012, lembrei esa historia.

Puxen a radio para escoitar o concerto de Aninovo da Filharmónica de Viena mentres me duchaba. Despois sequeime ben e fun ao meu estudo. Saquei un caderno noviño do trinque, deses de follas en branco, e que me serve para tomar notas da miña nova novela e, vendo pola fiestra… escribín.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar