menu Menu
TALLER LITERARIO NA CORUÑA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 16, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
REPRESENTAR TEATRO GALEGO Anterior TALLER DE POESÍA CAIXANOVA Seguinte

Desde o luns 17 de Setembro e ata completar aforo ( 15 prazas ), está aberto o prazo de matrícula para inscribirse no Taller Literario que vou impartir no Centro Social Caixanova da Coruña. O seu prezo é de 80 euros e tocaremos, en oito sesións ( comezamos o luns 8 de outubro, de 7 e media do serán a 9 e media ), moitos asuntos, desde a Escritura Creativa, pasando polo Relato Breve, a Novela, a creación de personaxes, un pequeno taller de poesía, a corrección de estilo…
Como xa comentei o outro día cando falaba do Taller de Poesía en Vigo, quen teña interese en inscribirse só ten que facelo en calquera sucursal de Caixanova. ¿O único requisito? Amor á literatura e moitas, moitas gañas de escribir.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar