Hai 36 anos, concretamente o 23 de febreiro de 1981, vin chorar á miña nai por segunda (aínda houbo unha terceira) vez na vida. Tejero, un señor gris con bigote, pegaba tiros no Congreso dos Deputados e ordenaba que quieto todo el mundo. El, e a manda de fascistas que o apoiaron (e outros que tamén o apoiaron e aínda non sabemos nin probablemente saberemos quen eran por iso dos segredos de Estado e demais timos democráticos) dicían que querían cambiar a historia. Xa sabedes como: lista de xente a fusilar (que xa a tiñan feita), control dos medios de comunicación (a información é perigosa), e ninguén polas rúas, toque de queda (a liberdade fódelles un mundo).
Hai 626 anos, concretamente o 23 de febrero de 1455, Johannes Gutenberg imprime en Mainz a Biblia, sen dúbida, un dos fitos máis importantes da historia da humanidade. Tirou do prelo 180 exemplares. O impresor tivo que pedir cartos para poder facer o traballo e como nunca foi quen de devolver o que lle prestaran, denunciárono, perdeuno todo, e acabou na ruína.
Este si que cambiou a historia. Este si.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.