menu Menu
TEÑO A LITERATURA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Decembro 2, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
A CULPA É DA REALIDADE Anterior A REALIDADE PARALELA DO PP Seguinte

literatura

Teño a literatura. Diante do cambio climático e da estupidez humana que non vai ser quen de parala. Diante de tantos lobos que ouvean xélidos para nos papar. Diante desta proposta de cultura pret-a-porter, ou como se escriba, que nos quere volver máis idiotas e estraños no noso propio país, teño a literatura. Diante da especulación matemática pensada milimetricamente para procurar a nosa infelicidade, diante dos soños castrados, que nos cortan nada máis nacer, diante dos contos mal contados polos que viven do conto, eu teño a literatura.

E doume unha volta por outros territorios. E prográmome para desprogramarme, deseducarme e, se cadra, para desobedecerme. E sei de liberdades e de felicidades. E de arelas inesgotables de letras e letras e máis letras.

Hoxe, nesta noite de chuvia e melancolía, eu teño a literatura.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar