Hoxe, Tándem Edicións anuncia a través das súas redes sociais a chegada ás librarías da terceira edición do meu CHAMÁDEME SIMBAD (orixinal galego publicado en Galaxia).
Velaí queda unha foto dun dos exemplares con esa lenda de “3a Edició” na mesma cuberta.
Moi feliz da gran recepción que dende o primeiro momento tivo este libro en catalán e do ben que sempre se me trata nesas terras. Por alí andarei, precisamente falando deste libro, o vindeiro mes de abril.
Autor feliz e agradecido.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.