menu Menú
TERRA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 9, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
OS CATRO PÉS DO GATO Anterior TOURADA EN PADRÓN Siguiente

Para a exposición Terragrafías, de Anxo Cabada que estes días pode verse en Pontevedra, escribín un poema. Mágoa non ter a foto por aquí que ma inspirou. Pero son un mollo de fermosísimas instantáneas relacionadas coa xente que mantén viva a terra nosa, é dicir, o mundo do agro, do cultivo ecolóxico, do tradicional.
No libro-catálogo participamos, entre outros, Carlos Fontes, Xosé María Álvarez Cáccamo, Carlos Lema, María Xosé Queizán, Xesús Constela, Chus Pato, Marga do Val, Fina Casalderrey, Antonio García Teixeiro, Estro Montaña, Eva Veiga, Anxo Angueira, Fran Alonso, Xaime Toxo…
Así que imaxinade unha fermosa foto de muller. Debaixo, escribín isto:

LEVO TODA A VIDA SACHANDO EN TI
TERRA,
E DESTE ATAFEGO
NON CANSO.

COMO NON AMAR A TÚA OLLADA DE LAMA HÚMIDA
COMO NON AMAR ÁS TÚAS MANS DE GRANITO CANSO,
ENMOLECIDO.

MULLER DE ESCUMA,
DI:
CARA ONDE MIRAN OS TEUS OLLOS.

VOLVEREI COA NOITIÑA
PARA PROCURARMOS XUNTOS MÁIS TERRA.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar