menu Menu
TERRAGRAFÍAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 6, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
OS LIBROS DOS CRIMINAIS VÉNDENSE BEN Anterior COMO WOODY ALLEN (2) Seguinte

Mañá, as oito do serán, na Sala III do Centro Social Caixanova, o fotógrafo Anxo Cabada inaugura a súa exposición Terragrafías na que un grupo de escritores e escritoras (entre outros: Eva Veiga. María Xosé Queizán, Manuel Forcadela. Xaime Toxo, Fran Alonso. Román Raña, Antonio García Teixeiro. Baldo Ramos, Adolfo Caamaño. Xurxo Souto, Xavier Rodríguez Baixeras. Ana Romaní, Chus Pato, Marga do Val, Xosé Vázquez Pintor, Cristal Méndez, Alexandre Nerium, Marisa Núñez, Lucía Aldao, Anxo Angueira, Maite Dono, Marica Campo, Mª Victoria Moreno, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, María Lado, Alfonso Armada, Carlos Fontes, Carlos Lema, Xesús Constela, Fina Casalderrey, Silvia García, Estro Montaña, e este menda) puxemos palabras ás inspiradas fotos do artista.

A que aquí vos deixo é a sobre a que traballei eu. E, de seguido, o meu poema.

TERRA

LEVO TODA A VIDA SACHANDO EN TI
TERRA,
E DESTE ATAFEGO
NON CANSO.

COMO NON AMAR A TÚA OLLADA DE LAMA HÚMIDA
COMO NON AMAR ÁS TÚAS MANS DE GRANITO CANSO,
ENMOLECIDO.

MULLER DE ESCUMA,
DI:
CARA ONDE MIRAN OS TEUS OLLOS.

VOLVEREI COA NOITIÑA
PARA PROCURARMOS XUNTOS MÁIS TERRA.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar