menu Menu
TERRORISTAS INTERNACIONAIS FINANCIEIROS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 7, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
UN LIBRO DE AVENTURAS Anterior ¿POR QUE NON FUN A HAMBURGO HAI 50 ANOS? Seguinte

A verdade é que eu non sei nin a cara que ten Cayo Lara, o novo coordenador de IU. Pero debo recoñecer que cando dixo iso de que en el Club Bilderberg “se reúnen los terroristas internacionales financieros”, sentín algo achegado ao alivio despois do que eu escribira sobre o mesmo asunto o outro día.

A ver, terroristas, terroristas… Eu non diría tanto. A palabra é dura. A non ser que entendamos “terrorista” como “aquel que provoca un dano sabendo que está a facelo provocando, ao tempo, medo e incerteza xeralizada polo futuro na poboación afectada”, por poñerme revirado e definidor.

Así que quero deixar para sempre este asunto dicindo que igual non hai que aplicarlles a palabra, nin sequera na light versión que veño de propoñer.

Pero do que non hai a menor dúbida é que a meirande parte dos que forman parte dese clube (no que participan, ollo, representantes elixidos democraticamente e, xa que logo, que deberían dar explicacións sobre o que alí falan ou escoitan), do que non hai dúbida, dicía, é que moi probablemente o noventa por cento da culpa da actual situación, terrorífica, que hoxe en día padecemos ten moito que ver coas actuacións ou omisións deses que aí sentan.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar