menu Menú
TETAS E CUS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 3, 2010 0 Comentarios 2 min lectura
LECTURA NO DIARIO CULTURAL Anterior PRESENTACIÓN EN VIGO Siguiente

Foi Herbert Marcuse, filósofo da Escola de Francfort, quen nos fixo ver que debaixo da aparencia de absoluta liberdade sexual que seica existe na nosa sociedade, en realidade o que hai é moitísima represión. E é ben certo. O normal é pensar o contrario. Saímos á rúa e vemos modelos case que espidas nos anuncios dos valados publicitarios; os Cristianos Ronaldos de moda deixan ver os seus corpos gloriosos para goce colectivo. Sen embargo, esa sexualización da sociedade, segundo Marcuse, é só aparente e, na base, ven sendo unha estratexia de control político subtil. Eu direino máis ao besta, como é normal na miña persoa: a xente anda saída e, precisamente iso, é o que demostra que non é libre (¿que nos xogamos a que algúns e algunhas que non chegan nin de casualidade a este blog desta vez si que entraran chamados polo evidente do titular?)

Todo isto a conta de que hoxe no Faro de Vigo enchían a mesma páxina con dúas novas sobre as redes sociais (asunto que, é obvio, interésame moito) na que daban conta de dous fenómenos que suliñan o que andamos a comentar: que mal anda a xente, e canta fame se pasa.

Por unha banda explicaban que a modelo paraguaia Larissa Riquelme (a da foto), xa ten máis de 70.000 seguidores na rede. Dedícase a animar ao seu equipo e prometera espirse se a súa selección vencía á española. Van quedar coas ganas. Pero seica na rede había moitos seareiros da española que desexaban que perdesen os seus para verlle a esta o que esta ten e que, imaxino, non será moi diferente de tantas outras que temos visto no pasado.

Por outra parte, contábannos que no facebook hai un (cito textualmente) culo de la discordia (o da foto), que ven sendo a cuberta dun disco dun gripo que se chama Sccisor Sisters e que,  segundo a súa discográfica, foi censurado pola rede social.

A conclusión: que a peña segue obsesionada, famélica, fartiña de onamismo. E iso, queridas e queridos, implica que, falando en termos colectivos, a represión non é só sexual, senón tamén social e política.

Unha peniña que, isto que tanto axuda á difusión do libre pensamento e das ideas alternativas sexa, tamén, un reflexo do peor do que navega pola sociedade real. As mesmas miserias. As mesmas teimas. A mesma mediocridade. Non hai máis que ver a cantidade de grupos chorras que se crean en facebook.

Ás veces, que queren que lles diga, éntranme unhas gañas de deixar todo isto…


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar