Coido que é en Valencia onde se chegou ao disparate supino de instaurar a asignatura de Educación para a Cidadanía, en inglés, o que obrigará, na práctica, a ter ao docente e ao
tradutor xuntos na aula.
Unha parida de narices.
Pero igual era a solución para termos contentos aos que pensan que o galego é o mal de todos os males ( do paro, da crise económica, da perda de
emprego, da falla de competitividade… xa saben, todo o que vimos aturando nos últimos días… ¡que paciencia Señor, que paciencia temos! ). E a solución é, para darlle gusto a
todos eles, bilingües e preocupados polo futuro dos fillos/as: impartir a asignatura de lingua e literatura galega… en inglés.
Igual así deixaban de tocar as “bowlings” con argumentos falaces e amosaban algo máis de interese na “autonomical language”.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.