menu Menu
TOPÓNIMOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 7, 2009 0 Comentarios 2 min lectura
¿PERO NON ERAMOS TRILINGÜES? Anterior 1984 Seguinte

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/TsOMsmFmioc" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O partido Ciudadanos. Partido de la Ciudadanía, esixiulle estes días ao Presidente da Xunta (estes, como os de Galicia Bilingüe esixen) que os topónimos galegos tamén sexan en castelán.

Probablemente non se decataron da parvada que están a esixir. Porque se se decataron habería que chamalos parvos. Porque non se pode pedir que un topónimo galego sexa outra cousa que un topónimo galego. Eu non podo pedir que tamén se diga Vigo en bielorruso (non sei como será) ou en inglés (pronúnciase “Vaigo”, que así mo dixo un bobby unha vez), porque resulta que se chama Vigo. Cando os romanos, ou quen fose, lle deron nome a un sitio, déronllo só dunha vez e non en bilingüísmo harmónico.

Esta esixencia de que os topónimos galegos non o sexan, chega ao mesmo tempo que a resurrección do PP coruñés (os mesmos que non apoiaron hoxe a retirada da simboloxía franquista da cidade herculina) da idea de que a cidade da Coruña se chame La Coruña (por iso puxen a canción de Massiel: sei que Paco Vázquez gusta moito dela, e por se me le por alí polo Vaticano, pois para que pase un intre agradable…). Pois é a mesma parvada. É que se chama A Coruña e non pode chamarse distinto. Como Madrid non pode chamarse Madrí ou Sevilla, Zevilla. E o argumento de que as cidades deben de chamarse como o desexen os seus cidadáns (Vázquez dixit nos seus días máis lúcidos) é absurdo, porque igual aos de Vigo ou Vaigo se nos dá por chamarnos Liverpool -polos Beatles, xa saben- ou, no colmo do disparate, decidimos que queremos chamarnos A Coruña.

En fin, que seica existen partidos con tempo libre dabondo como para dedicalo á galegofobia. Coa de cousas importantes que poderían facer con todo ese tempo…


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar