Con espanto, con vergonza, con preocupación, leo que este ano, como seica vén facéndose desde hai moitísimo tempo, no programa de festas da Pascua 2009 de Padrón, o Concello sufraga, patrocina, paga, gasta os cartos dos veciños, nunha corrida de touros, é dicir, nun espectáculo salvaxe, inmoral, indecente e que, segundo enquisas máis que fiables, rexeita a meirande parte da humanidade.
Non vou perder o tempo en argumentar contra das touradas. O que é incrible é que alguén argumente a favor.
O único que quero dicir é que os concellos deben ter, entre outras funcións, a de educar á poboación sobre o que é correcto e o que non desde un punto de vista ético e moral. Tamén racional. E non hai ningunha, nin unha soa voz cun mínimo sentido que aprobe esa bestialidade. Un concello non debería gastar cartos niso.
É unha maldita vergonza.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.