Estes días atopei a Nuria Roca en canta canle de televisión hai, en canta revista de coloríns hai, en canta emisora hai.
¿O motivo? Que vén de publicar a súa primeira novela, Los caracoles no saben que son caracoles (daquela, engado ao anterior: en canto escaparate de librería hai ).
Levoulle dez meses escribila e, segundo propia confesión, ten moito da súa vida.
Eu levo dous anos escribindo outra. E ten moito que ver coa miña vida.
Mais, non sei por que, intúo que en canto a publique ( se tal cousa chego a facer algún día ), non sei se sairei en canta canle de televisión hai, en canta revista de coloríns hai e en canta emisora hai.
Dame a min que non.
¿Pero imaxinan que pasaría se a calquera outro libro, poño por caso, se a un libro galego, se lle dedicase a metade do tempo de atención que ao de Roca?
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.