menu Menú
UN EIRADO ERMO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 26, 2009 0 Comentarios 2 min lectura
ORWELL VIVE EN GALICIA Anterior O QUE PAPÁ NOEL PODERÍA TER DEIXADO ÁS CRIANZAS DE VIGO (OU DA CORUÑA) Siguiente

teresa_viejo

Cando deu comezo o programa Eirado na TVG, celebrámolo e desexámoslle a mellor das navegacións. Pareceunos ben que a Televisión de Galicia, a nosa, a que ten a obriga de se ocupar de nós e de promocionar o noso, emitira en horario de máxima audiencia un programa de cultura. Era o que cumpría facer. Oxalá saíse ben. Oxalá.

Pasadas as semanas, vémonos na obriga de lles retirar toda a nosa confianza. Porque hai cousas que non se entenden. Sen ir máis lonxe, para o programa de hoxe, segundo leo nas notas de prensa, teñen previso ocupar a sección dedicada a literatura, cunha entrevista con Teresa Viejo, popular presentadora de programas de altísimo nivel (Cambio Radical) e, seica, autora fundamental nas letras… galegas. A pesar de que nin é galega nin o seu libro ten nada que ver con nós.

Xa non imos volver falar do invisibles que son os libros galegos na TVG, a nosa, a que ten a obriga de se ocupar de nós e de promocionar o noso, nin da desaparición practicamente absoluta de todo o que teña que ver con cultura galega na grella da tele pública galega. O que non nos parece admisible é que se lle dedique o espazo de libros dun programa de cultura, a un libro e unha autora que non pertence á cultura galega. E alguén podería dicir, este Francisco Castro é un radical, por que non se vai falar de libros españois nun programa de cultura da TVG, é dicir, a nosa, a que ten a obriga de se ocupar de nós e de promocionar o noso. E eu diría, vale, pero daquela, estaremos de acordo en que ninguén se debería escandalizar se nos programas de cultura de TVE, entrevistaran e se ocuparan dun libro escrito en galego. E todos sabemos que iso nin pasa nin pasará.

O eirado resultou estar ermo de todo.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar