O Día do libro participei nun acto, con 150 escolares de Vigo e bisbarra, nenos e adultos, convidado por Educación Sen Fronteiras dentro dun fermoso proxecto titulado La gran lectura inserido na Campaña mundial pola educación.
Un mollo de escritores do máis diverso ( Forges, Rosa Regás, Rosa Montero, Jordi Sierra i Fabra, Eduardo Galeano…, e desde Galicia e en galego Yolanda Castaño e eu ), así como outras persoas de innegable importancia á hora de concienciar á sociedade ( María Teresa Fernández de la Vega, Miguel Induráin, Nelson Mandela… ) escribimos un relato para que se lese nunha serie de cidades ese día.
Titulei o meu Un libro de aventuras. E podedes lelo aquí.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.