menu Menú
UN LITERATO É UN HOME INDEPENDENTE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 6, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
A LINGUA SERVE PARA DICIR QUÉROTE Anterior DROGADICTOS TODOS Siguiente


No libro de Kerouac do que falo sen parar, hai un intre especialmente divertido.
Estamos en plena Segunda Guerra Mundial, e Kerouac está facendo a instrucción militar. Pero un día comprende que non ten por que estar alí, aturando os berros incomprensibles de xente aínda máis incomprensible. Levaba días coa idea de deixar de desfilar. E un día, fíxoo. Marchou da súa formación, deixou o fusil no chan e foi para a litera, a ler.
O certo é que os responsables militares andaban preocupados porque nos tempos de descanso ¡¡¡lía libros!!! o cal lles facía pensar que era un tipo perigoso. Decidiron, xa que logo, que estaba tolo, puxéronlle unha camisa de forza e metérono nun manicomio militar.
Transcribo, agora, parte do diálogo que tivo cun médico que lle pregunta «quen cre que é» despois de botarlle un ollo á novela que andaba Kerouac a escribir. Respondeulle que el era un literato e que un literato é un home independente. O médico, que non entende nada, pregunta:
– ¿E que significa iso?
– Iso significa, señor, pensamento independente.

Ese era Kerouac e a iso aspiro.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar